Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


A Coruña 2018-10-11

Noel Rodríguez e Eva Seoane ilustrarán as rúas da Coruña tras gañar o certame 'Muros que unen'

- O Fondo Galego de Cooperación organizou un concurso de murais financiado polo Concello para promover os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
- As obras vencedoras convidarán aos viandantes a reflexionar arredor do ODS 1 sobre a fin da pobreza e o ODS 5 a prol da igualdade de xénero, respectivamente.

O rianxeiro Noel Rodríguez e a ferrolá Eva Seoane veñen de gañar o I Concurso de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 'Muros que unen', organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co financiamento do Concello da Coruña. Así o decidiron na xuntanza mantida esta semana na cidade os membros do xurado, integrado polos artistas Mon Devane, Brais Rodríguez e Jano Viñuela, canda unha representante do Fondo Galego e outro do Concello. Ao certame presentáronse 18 muralistas, dos que 11 eran mulleres, e un total de 21 obras.

A proposta 'Ningures' de Noel Rodríguez, alias Nove Noel, resultou seleccionada para representar o ODS1: Pórlle fin a pobreza en todas as súas formas en todo o mundo, e reproducirase no viaduto da avenida de Oza sobre a rúa Posse, preto dun dos principais eixos de consumo da cidade. O xurado valorou tanto a execución técnica como a orixinal reinterpretación postapocalíptica do tema, que nos presenta un camiñante ollando cara a cidade industrializada dende o alto dun outeiro, mergullado nunha paisaxe entre desoladora e futurista. O autor chama a reflexionar sobe o hiperconsumismo, ao tempo que anima a compartir e a apostar pola transformación, nunha loita que debe ser común.

Eva Seoane foi a escollida para representar o ODS5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas, pola obra 'O lavadoiro de Falperra', que se realizará no muro de contención das escaleiras que ascenden a este lugar desde a rolda de Nelle. Neste caso, o xurado tivo en conta que cun trazo simple e cores básicas, a mensaxe da dignificación do traballo feminino chega de xeito directo, ao representar un dos principais oficios que se exercían antano na zona: o das lavandeiras. A obra conecta así coa historia do barrio, co sentido de pertenza e reivindicación dun pasado, un presente e un futuro no que as mulleres contan. O bosquexo recupera mesmo algún elemento arquitectónico e paisaxístico xa extinguidos, poñendo en valor a memoria do lugar e o traballo de tantas mulleres anónimas que non adoita ser recoñecido.

A través destes dous murais, premiados con 2.000 euros cada un e que se executarán previsiblemente a finais de outubro, preténdese comezar a difundir a través da arte urbana os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados polos Estados membros da ONU a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no horizonte de 2030. Co fin de fomentar ademais o pensamento crítico e a participación cidadá na construción de cidades inclusivas, a primeira edición de 'Muros que unen' encádrase no convenio asinado entre o Fondo Galego e o Concello da Coruña, que destina deste xeito 20.000 euros á realización de actividades de sensibilización fronte as desigualdades.