Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Moaña 2018-11-15

Combater a contaminación e as desigualdades desde o consumo enerxético

As cociñas melloradas do proxecto con Amigos Escaes Perú reduciron o consumo de leña e a inhalación de fumes.A enerxía é fundamental para afrontar desafíos referentes ao cambio climático, a xeración de alimentos ou o emprego, de xeito que permite transformar en positivo a vida das persoas e do planeta. No entanto, a actual produción enerxética representa o 60% de todas as emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro, que teñen graves consecuencias para o medio ambiente e o benestar da poboación. Unha situación sobre a que chaman a atención varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que os Estados membros da ONU queren acadar antes de 2030 e especialmente o ODS 7: Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sustentable e moderna para todas as persoas. Na xornada de hoxe, cando a Organización Mundial da Saúde conmemora o Día Internacional do Aire Puro, cómpre lembrar que segundo a propia OMS o 91% da poboación mundial respira un aire insalubre, o que provoca anualmente uns sete millóns de mortes. Percibámolo ou non coma un problema na nosa contorna inmediata, na nosa man está tomar medidas para contribuír a atallalo.

Calcúlase que unha de cada cinco persoas viven sen electricidade, a maioría das cales se concentran nunha ducia de países de África e Asia. Porén, nos lugares onde temos acceso a ela, o consumo non deixa de aumentar. Fronte aos combustibles fósiles, é por tanto necesario seguir incrementando o emprego de renovables, especialmente en sectores coma o transporte e a calefacción, para crear comunidades máis sostibles e inclusivas, resilientes ante os retos ambientais do noso tempo. Asemade, é vital avanzar na eficiencia e aforro enerxético, con xestos que poden ir desde desconectar aparellos coma o ordenador ou deixar o coche no garaxe ata as medidas que poden tomar os gobernos de distintos niveis.
Así o estamos a facer no Concello de Moaña onde, amais de substituír o alumeado tradicional por luces led, para o contrato eléctrico optouse por unha cooperativa galega no canto dunha gran compañía. Do mesmo xeito, a nova adxudicación do contrato eléctrico do concello requirirá que as subministradoras empregen fontes cun impacto ambiental mínimo, que promovan a contratación de mulleres durante o desenvolvemento do contrato -especialmente aquelas que se atopen nunha situación vulnerable- e que favorezan a conciliación laboral e familiar. Esta nova visión da xestión dende as institucións locais en relacións coas eléctricas promove o reparto da riqueza e obriga ao cumprimento dun contrato social máis xusto e igualitario, compromiso que adquirimos co País, en xeral, e coa veciñanza de Moaña, en particular, hai xa case catro anos.

Un sistema enerxético ben establecido apoia aos máis diversos sectores: as empresas, a medicina, a educación, a agricultura, etc. Pola contra, carecer del supón un obstáculo para o desenvolvemento, por iso o ODS número 7 establece que o acceso a servizos de enerxía fiables e modernos ha de ser universal. Mesmo se pode contribuír a acadalo a través da cooperación internacional, como xa facemos 96 concellos e tres deputacións de Galicia a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Esta rede de administracións locais e provinciais ten apoiado nos últimos vinte anos máis de 150 proxectos en preto de trinta países, varios deles en relación ao tema que nos ocupa. Entre estes, cóntanse as iniciativas para instalar cociñas melloradas en vivendas de Nicaragua e Perú.

A día de hoxe, 2.800 millóns de persoas dependen da leña, o carbón vexetal ou o esterco para cociñar e quecerse, o que provoca máis de catro millóns de falecementos ao ano por contaminación do aire en locais pechados. O proxecto financiado polo Fondo Galego á ONGD Amigos Escaes na localidade peruana de Ayabaca, por exemplo, permitiu a 180 familias en situación de extrema pobreza cociñar dun xeito máis eficiente, reducindo o consumo de leña e a inhalación de fumes. A iniciativa ía ademais acompañada de accións para diversificar a alimentación, creando hortas e criadeiros de coellos, e para promover tanto a alfabetización como a participación social e a equidade de xénero. Participando no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, calquera concello, independentemente de cal sexa o seu tamaño, pode achegar o seu gran de area para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en 2030.

María Ortega
Concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade de Moaña

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día Internacional das Nenas