Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


O Barco de Valdeorras 2018-12-02

Impulsar o crecemento económico, pero non a calquera prezo

O Fondo Galego apoia o turismo sostible en Cabo Verde como fonte de ingresos para as comunidades.O traballo decente é un dos elementos clave para frear as inxustizas neste proceso de globalización no que a sociedade se atopa inmersa. Pero, que se entende por un "traballo decente"? O emprego digno implica que todas as persoas teñan a oportunidade de realizar unha actividade produtiva que lle reporte ingresos xustos, seguridade no lugar de traballo e a protección social derivada del, ao tempo que ofreza mellores perspectivas de desenvolvemento persoal e favoreza a integración social. O problema non está só entón en crear emprego, senón tamén en que este sexa de calidade, e así o recolle o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 8 aprobado polos Estados membros de Nacións Unidas, que avoga por "promover un crecemento económico sostido, inclusivo e sustentable, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todas as persoas" no horizonte de 2030.

Hoxe conmemórase o Día Internacional para a Abolición da Escravitude, un termo que podería considerarse desterrado pero que por desgraza segue vixente nas súas formas tradicionais e modernas. Estímase que uns 204 millóns de persoas se atopan desempregadas en todo o mundo, pero tamén acontece que uns 780 millóns daquelas que traballan non gañan o suficiente para saír da pobreza. Ademais, uns 25 millóns de persoas se atopan atrapadas no traballo forzoso, cando menos a quinta parte delas vítimas da explotación sexual. Calcúlase asemade que 152 millóns de nenas e nenos están suxeitos ao traballo infantil -un 38% realizando tarefas perigosas-, principalmente en África, o que implica en moitos casos que fiquen á marxe do sistema educativo. Investir en formación é precisamente unha das vías para evitar esta lacra.

A desigualdade de xénero é outro dos aspectos a ter en conta, pois segundo os datos da ONU a fenda salarial sitúase nun 23% a favor dos homes. A participación da muller na poboación activa é do 63% fronte ao 94% deles, e, pese á crecente presenza das donas na vida pública, o certo é que seguen a facerse cargo 2,6 veces máis do coidado de persoas non remunerado e dos labores domésticos. Outro caso grave é o da xente nova e o das persoas migrantes ou con discapacidade, de xeito que se produce un progreso lento e desigual, e xa non digamos cando se aúnan varias destas circunstancias. Cómpre pois que o crecemento económico se combine cun reparto máis equitativo da riqueza e sempre de maneira sostible, sen menoscabar os dereitos laborais, sen danar o medio ambiente e favorecendo unha produción e consumo eficientes dos recursos.

É por iso que o ODS 8 aposta por mellorar a produtividade con base na innovación, apostando por políticas que fomenten a creatividade e o emprendemento, apoiando as microempresas e as pemes mesmo a través do acceso a servizos financeiros. O turismo sostible, que promova a cultura e os produtos locais, é un dos sectores nos que se focaliza a nova axenda internacional do desenvolvemento para a creación de emprego e no que se envolve tamén o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, rede integrada por un cento de administracións locais e provinciais da que o Concello do Barco de Valdeorras forma parte. O Fondo Galego ten contribuído a fomentar o turismo de base comunitaria en países como Nicaragua ou Cabo Verde, tanto financiando proxectos de cooperación específicos como enviando persoal técnico dos municipios a intercambiar experiencias cos seus homólogos sobre o terreo, a través do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo. Pequenas achegas que nos permiten aos concellos contribuír ao cumprimento dos ODS.

Orlando Saavedra
Concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Barco de Valdeorras

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día Internacional para a Abolición da Escravitude

Impulsar o crecemento económico, pero non a calquera prezo