Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2018-12-10

IAF 151: Dous murais sobre os ODS ilustran as rúas da Coruña

A última edición do boletín 'Infórmate a Fondo' amosa os murais resultantes do concurso 'Muros que unen'. A publicación recolle tamén a experiencia do voluntariado en países do Sur e das visitas ao Norte que chegaron desde Mozambique e Honduras.

As obras de Novenoel e Eva Seoane que gañaron o I Certame de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 'Muros que unen' ilustran as primeiras páxinas dun novo número do boletín 'Infórmate a Fondo', que recolle tanto a entrega de premios no Concello da Coruña como as impresións do autor e a autora arredor da arte urbana.

Na publicación que reune as novas máis recentes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade fala tamén o voluntariado das Vacacións con Traballo, programa que levou a unha técnica de Turismo do Concello de Santiago, Yolanda Ferro, a colaborar en Cabo Verde coa Cámara Municipal de Santa Cruz, e a un informático da Deputación da Coruña, Manuel Fuentes, a cooperar coa Fundação Encontro.

Nos últimos meses desenvolveuse asemade a segunda edición das Vacacións con Traballo en Galicia, que trouxeron a únha técnica da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique a intercambiar coñecementos con persoal dos concellos de Nigrán, Ames e Rianxo. Reforzar as capacidades dos municipios do Sur era o obxectivo da estadía de Elsa Dimande, que se amosou interesada nas áreas de igualdade de xénero, traballo social con nenas e nenos, urbanismo para o benestar da infancia e o orzamento participativo nestas materias, así coma o
asociacionismo feminista.

Desde Honduras visitáronnos ademais seis alcaldes e unha alcaldesa dos sete municipios costeiros que integran a mancomunidade Nasmar, onde o Fondo Galego financia un proxecto de Enxeñería sen Fronteiras co fin de fortalecer tecnicamente a estes concellos para garantir o acceso á auga potable e ao saneamento da poboación rural, como dereito humano básico, mediante unha xestión integrada que contemple enfoques de transparencia e participación cidadá. As autoridades locais hondurñas compartiron impresións arredor destes servizos nos concellos de Arteixo, Castrelo de Miño, Teo e Santiago de Compostela, onde tamén se celebrou un Foro Aberto. 

O IAF 151 faise eco asemade da iniciativa de cooperación técnica con Cabo Verde impulsada polo Concello de Ames, as formacións e xuntanzas mantidas no seo da Confederación de Fondos, a visita do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou as actividades da Coordinadora Galega de ONGD que contaron con representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

IAF 151: Dous murais sobre os ODS ilustran as rúas da Coruña