Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Soria 2019-01-17

O papel das cidades intermedias na consecución dos ODS, a debate no Encontro 'Think Europe'

O presidente do Fondo Galego, e tamén da Confederación, salientou a contribución dos municipios na sensibilización da cidadanía a prol dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Juan González, á dereita, na súa intervención sobre a achega dos municipios ao desenvolvemento.O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e alcalde de Nigrán, Juan González, interveu onte no II Encontro Internacional 'Think Europe: Compromiso 2030', ao que asistiu en calidade de presidente da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad. O evento, organizado por United Cities and Local Governments, reúne entre o 16 e o 18 de xaneiro en Soria a máis de 250 líderes e lideresas mundiais co reto de reforzar o papel das cidades intermedias na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, fixados pola ONU en 2015 co fin de erradicar a pobreza e as desigualdade nun prazo de quince anos.

Segundo o presidente da Confederación, que reúne a nove fondos do Estado, "a contibución dos municipios e dos entes locais, por pequena que sexa, será fundamental, porque permitirá concienciar á cidadanía e amosar que as institucións poden estar cerca". Así o declarou Juan González na mesa 'A cooperación internacional para o desenvolvemento e as axendas das cidades intermedias', na que participou canda representantes do Programa das Nacións Unidas Para o Desenvolvemento (PNUD), da Secretaría General Iberoamericana, da Coordinadora de ONGD España ou do municipio marroquí de Chefchaouen, entre outros.

A directora da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, Aina Calvo, encargouse de presentar o debate e anunciou que a AECID quere afianzar as relacións para traballar conxuntamente tanto coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) como coa Confederación de Fondos, xa que os considera actores chave no mantemento da cooperación municipalista no Estado.

A propia Confederación, que representa a máis de 1.000 entidades locais, considera que cómpre impulsar e fortalecer os espazos de reflexión e traballo conxunto para promover a aplicación da Axenda 2030 e as políticas públicas de desenvolvemento. Ao mesmo tempo, débese pór en valor a capacidade dos gobernos locais para favorecer a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, xa que os 17 ODS entroncan directamente coas competencias municipais, principalmente na prestación de servizos básicos e na promoción dun desenvolvemento territorial endóxeno, inclusivo e sostible.