Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Santiago de Compostela 2019-02-28

Os grupos parlamentarios animarán ás candidaturas locais a impulsar a cooperación

Representantes de todos os partidos asistiron ao Almorzo Xusto organizado no Pazo do Hórreo polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Almorzo Xusto no Parlamento de Galicia.Representantes de todos os grupos parlamentarios participaron esta mañá no Almorzo Xusto organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no Pazo do Hórreo, onde se comprometeron a alentar ás candidaturas municipais dos seus partidos a incorporar nos programas electorais a adhesión dos concellos a esta rede e a promover a cooperación internacional desde o local. Os grupos estudarán ademais a posibilidade de realizar unha declaración institucional ao respecto no Parlamento de Galicia, a proposta do deputado do PPdeG Alberto Pazos Couñago.

O parlamentario expuxo ademais que a creación do Fondo Galego en 1997 "supuxo un salto da caridade á cooperación real" e que hoxe en día constitúe "unha ferramenta fundamental". O voceiro do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou pola súa parte por "facer un maior esforzo de accountability" para que o labor realizado a prol do desenvolvemento dos países empobrecidos chegue á cidadanía, unha visibilización pola que tamén avogou a representante de En Marea, Paula Quinteiro, para quen "hai que socializar o impacto e o enfoque" do traballo que se está a levar a cabo. Ao tempo, o deputado do BNG Luís Bará engadiu a necesidade de coordinarse e "reflexionar sobre o tipo de cooperación e de relacións que se establecen", descartando o paternalismo.

O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, abriu a xuntanza salientando que a incorporación dos concellos a esta entidade lles "dá a oportunidade de participar na cooperación para o desenvolvemento, establecendo relacións de aprendizaxe mutua" cos países do Sur. Unha idea na que afondou o vogal da Comisión Executiva e concelleiro en Cartelle, Daniel Fernández, que sinalou a vantaxe que supón para os concellos pequenos, ao realizar "unha pequena achega que sobre o terreo significa moito".

A tamén vogal e vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, lembrou "a importancia da sensibilización fronte as desigualdades" que fan os concellos a través das actividades facilitadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, como administracións máis próximas á cidadanía. Mentres que a vogal e edil na Coruña, Rocío Fraga, remarcou o valor da asociación municipalista como "espazo de traballo conxunto das distintas forzas para acadar un obxectivo común". Por último, a vicepresidenta e concelleira en Redondela, Teresa París, referiuse ao actual marco normativo, apostando por flexibilizalo para que non se poñan trabas ás políticas públicas municipais de cooperación internacional. O almorzo servido foi a base de produtos de comercio xusto da ONGD Panxea.