Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2019-03-07

Remata o proxecto do Fondo Galego e InteRed a prol da igualdade de xénero en Guatemala

- Os obradoiros con docentes e alumnado permitiron sacar á luz algúns casos de abusos e empoderar ás e aos participantes na defensa dos seus dereitos.

- Con motivo do Día Internacional das Mulleres, faise balance das actividades para promover unha educación afectiva e sexual saudable no municipio de Chinautla.

Os obradoiros nos centros educativos constituíron unha das actividades centrais do proxecto.A igualdade de xénero non só é un enfoque transversal nas accións emprendidas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, senón que en moitas das iniciativas apoiadas nos países empobrecidos constitúe ademais o seu eixo central. Así aconteceu co proxecto financiado á ONGD InteRed que vén de rematar en Guatemala co obxectivo de promover o dereito de crianzas e xente nova, especialmente mulleres, a unha educación integral en sexualidade e a unha vida libre de violencias, do que facemos balance coincidindo co Día Internacional das Mulleres.

Entre as actividades que se levaron a cabo en centros educativos do municipio de Chinautla, implementadas sobre o terreo pola Fundación Pedro Poveda, destacan os obradoiros que se levaron a cabo con 50 docentes, que logo os replicaron co seu alumnado. "Axudoume a perder a vergoña de falar sobre temas sexuais coas e cos estudantes", valoraba un profesor ao remate. "Aprendín a trasladar estas cuestións as mozas e mozos, e saíron cousas que nos partiron a alma", comentaba outra das mestras. E é que os obradoiros serviron ademais para sacar á luz casos de agresión sexual sufridas tanto por alumnado como por profesoras, tal e como indicaba outra das participantes: "Permitiume falar sobre experiencias vividas que gardaba e iso foi bo, porque cheguei á conclusión de que como muller teño plena liberdade de negarme a facer cousas que non desexo".

Acadar ese empoderamento era precisamente unha das finalidades deste proxecto de cooperación internacional a prol dunha educación afectiva e sexual saudable, que o Fondo Galego cofinanciou con 49.861 euros e que incorporou ademais outras actividades como encontros de voluntariado, xornadas contra a violencia machista, cursos de informática, cinefórums, etc. Traballouse asemade coa dirección dos centros, coas familias, coas institucións -especialmente co municipio-, con outras organizacións e co propio persoal da Fundación Pedro Poveda, para involucralas na prevención da violencia contra as mulleres e no establecemento de relacións de xénero equitativas.