Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2019-05-24

O proxecto de auga en Guinea-Bissau culmina cunha mostra fotográfica realizada por mulleres

- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade financiou a iniciativa da ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz para garantir o abastecemento.
- A exposición ‘Midjer di Guiné’ amosa en Vilasantar a vida cotiá da comunidade de Carantaba a través das imaxes das veciñas con motivo do Día de África.

Mulleres participantes no obradoiro de fotografía, retratadas polo monitor Sylvain Cherkaoui.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) facilitáronlles o abastecemento de auga aos 1.824 habitantes da localidade de Carantaba, no norte de Guinea-Bissau. O proxecto incorporaba un obradoiro de introdución á fotografía para as veciñas cuxo resultado pode verse na exposición 'Mindjer di Guiné', que desde esta fin de semana se amosa no Concello de Vilasantar, coincidindo co Día de África, que se conmemora o 25 de maio.

A mostra reúne vinte instantáneas realizadas polas dezaseis participantes na formación, impartida polo fotoxornalista Sylvain Cherkaoui. As imaxes poñen en valor a interpretación que elas fan do mundo, da súa comunidade e da cooperación internacional. Cámara en man, as autoras captaron desde situacións cotiás ata a repercusión que os proxectos de desenvolvemento teñen nas súas vidas. Deste xeito, as fotografías permiten empatizar coa realidade do país lusófono desde o punto de vista da súa poboación, que loita por seguir avanzando en condicións moitas veces pouco favorables.

A través da súa convocatoria de axudas para ONGD, o Fondo Galego achegou 50.000 euros ao proxecto formulado por ACPP, que permitiu garantir o dereito humano á auga da poboación de Carantaba mediante a rehabilitación dun pozo con sistema de bombeo electrosolar, a construción de dous depósitos de altura e a instalación dunha rede de distribución cuns 1.000 metros de canalizacións. Ademais, dispuxéronse catro fontes públicas e dúas tomas domiciliarias, unha na escola e outra na residencia do profesorado.

O proxecto incúe a posta en funcionamento de servizos de extracción e distribución de auga accesibles.A actuación levou aparellada unha campaña de sensibilización sobre prácticas hixiénicas que se estendeu non só á localidade de Carantaba, senón tamén ás comunidades de Santa Curtiba e Santa Nie, chegando a preto de 3.000 persoas. O correcto transporte, almacenaxe e tratamento da auga, canda a hixiene persoal, doméstica e alimentaria, foron algúns dos contidos abordados a través de visitas porta a porta, demostracións prácticas, charlas comunitarias ou distribución de carteis. Preténdese así promover un uso racional e reducir a incidencia de enfermidades directamente relacionadas con estes procesos, como a malaria ou a diarrea.

O proxecto, executado canda a Associação de Jovens para a Cooperação Transfronteiriça, inclúe unha importante compoñente de xénero. Non só polo enfoque do obradoiro fotográfico senón tamén polo feito de que as mulleres son tradicionalmente as encargadas de procurar a auga para o fogar, de xeito que agora poderán dedicar máis tempo a outras cuestións, como a formación ou a participación comunitaria. Neste senso, a maior parte das integrantes do novo Comité de Xestión de Auga e Hixiene de Carantaba son mulleres, que ademais recibiron unha capacitación específica ao respecto. De feito, durante todo o proceso se contou coa participación activa da comunidade, desde a identificación das necesidades ata a elaboración do plan de xestión da auga e do saneamento.

Pobreza extrema
A organización social das mulleres é cada vez máis activa nun Estado onde, a pesar de que a discriminación está prohibida por lei, o goberno non conta con medios para evitala. Guinea-Bissau é un dos países máis empobrecidos do planeta e seu Índice de Desenvolvemento Humano sitúao no posto 177 de entre os 189 Estados contemplados. Ten unha gran débeda externa e o PIB per cápita sitúase nos 245 euros, se ben sofre unha forte desigualdade na distribución da riqueza e máis da metade dos seus habitantes viven na pobreza extrema. O analfabetismo atinxe ao 63% da poboación, sobre todo ás mulleres, rexístrase unha elevada taxa de mortalidade infantil e a esperanza de vida rolda os 45 anos. A localidade de Carantaba localízase na rexión de Bafatá, de marcado carácter rural e agrícola.

Un dereito humano
ACPP leva traballando en Guinea-Bissau desde o ano 2006 conxuntamente con organismos públicos e organizacións da sociedade civil, nos sectores de saúde, educación e auga, saneamento e hixiene.  A auga está recoñecida coma un dereito humano, de xeito que “toda persoa ten dereito a dispoñer de auga suficiente, salubre, aceptable, accesible e asequible para o uso persoal e doméstico”. Ademais, os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados por Nacións Unidas recollen como ODS 6 “garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para toda a poboación”.