Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2019-09-30

O Fondo Galego renovará a Comisión Executiva na Asemblea Xeral de outubro

A xuntanza que pecha o ciclo 2015-2019 e abre o novo mandato celebrarase o día 10, ás 11 horas, na Cidade da Cultura.

A asistencia á Asemblea do cambio de mandato é fundamental.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pechará o xoves 10 de outubro o mandato 2015-2019 e abrirá o novo ciclo 2019-2023 cunha Asemblea Xeral na que se someterá a aprobación a composición da nova Comisión Executiva, proposta pola saínte. Representantes dos 97 concellos e das tres deputacións socias da entidade están chamados a participar na xuntanza que se celebrará na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, concretamente no Auditorio 2 edificio CINC, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11 horas en segunda.

A sesión dará comezo co balance dos últimos catro anos, nos que a Presidencia do Fondo Galego lle correspondeu ao Concello de Nigrán, a Vicepresidencia a Redondela e a Tesourería a Pontevedra, mentres que a Secretaría continuou exercéndoa o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), impulsor da iniciativa nos anos 90. As vogalías correspondían ata o momento aos concellos da Coruña, Cartelle, Monforte de Lemos, Oleiros e á Deputación da Coruña, buscando sempre a creación dun espazo transpartidario e mantendo o equilibrio entre provincias, municipios grandes e pequenos, da costa e do interior, etc.

As políticas e políticos designados como enlace co Fondo Galego en cada unha das administracións locais e provinciais socias están convocados á Asemblea, aínda que poden delegar noutra ou noutro representante político ou técnico. Prégase confirmación ou escusa da asistencia ata o 8 de outubro no electrónico acorzo@igadi.org ou nos teléfonos 986 843 436 e 698 144 536. No entanto, ao tratarse dunha xuntanza clave, a participación é especialmente relevante nesta ocasión.

Lémbrase asemade a aqueles concellos socios que aínda non comunicaron as designacións oficiais das súas ou dos seus representantes tras a configuración das novas corporacións, que o fagan á maior brevidade posible, pois o seu compromiso é fundamental para incorporar a defensa dos Dereitos Humanos na axenda local.

Convocatoria e orde do día
Mapa da Cidade da Cultura