Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


A Coruña 2019-11-28

Cinco artistas ilustrarán A Coruña con murais sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

- O Fondo Galego de Cooperación organizou a segunda edición do concurso ‘Muros que unen’ financiado polo Concello para promover as metas da ONU.
- Julia Lago, Miguel Cajaraville, Maz e os portugueses Mots convidan a reflexionar sobre saúde, educación, cidades sostibles e igualdade a través das súas obras.

ODS3: 'Ikigai', de Julia Lago.Cinco artistas fomentarán a reflexión sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU pintando un gran muro da cidade herculina tras gañar o II Certame de murais arredor dos ODS 'Muros que unen', organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co financiamento do Concello da Coruña. As propostas de Julia Lago, Miguel Cajaraville, 'Maz' e o dúo portugués 'Mots' resultaron ser as que mellor ilustraban os ODS número 3, 4, 11 e 5, que promoven, respectivamente, a saúde e o benestar, a educación de calidade, as comunidades sustentables e a igualdade de xénero.

Así o decidiu o xurado, integrado polos artistas Doa Ocampo, Eva Seoane e Novenoel, os dous últimos vencedores da primeira edición do concurso, canda unha representante do Fondo Galego e outro do Concello. Ao certame presentáronse 22 muralistas, dos que 12 eran mulleres, en dous casos agrupados por pares, e recibíronse un total de 25 bosquexos. Os catro seleccionados faranse realidade nun muro de contención duns 40 metros situado baixo o viaduto de acceso ao porto de Oza. Está previsto que as e os artistas procedan ao pintado do 9 ao 13 de decembro, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

ODS4: 'Obradoiro', de Miguel Cajaraville.A obra 'Ikigai' da coruñesa Julia Lago resultou escollida para representar o ODS3: garantir unha vida sa e promover o benestar para todas as persoas en todas as idades. O xurado valorou a capacidade da proposta para representar de maneira global esta meta, así como o impacto visual producido pola monocromía en amarelo, que lle imprime enerxía a un contido de sinxelos trazos e múltiples detalles. A autora baseouse no concepto xaponés do "ikigai", que significa "a razón de vivir", para presentar unha situación simple e natural colmada de benestar e saúde, afastada da visión máis comercial destes conceptos, na que están presentes o campo, a calma, a amizade, a familia e unha alimentación saudable e sostible.

Miguel Cajaraville, nado en Vigo e residente en Baiona, vai ilustrar con 'Obradoiro' o ODS4: garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas. Cun estilo propio, o bosquexo introduce elementos fantásticos que supoñen unha orixinal lectura do tema, sen deixar de engadir obxectos que fan referencia directa ao mesmo. O artista racha cos estereotipos retratando pequenos "monstros" con distintos aspectos, en referencia á variedade de persoas que existe e que, no entanto, comparten o dereito a recibir unha educación axeitada.

ODS5: 'Liberdade', de 'Mots'.O deseño escollido para simbolizar o ODS5: lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas, foi 'Liberdade', da polaca Jagoda Cierniak e o portugués Diogo Ruas, reunidos baixo a denominación de 'Mots'. O dúo radicado en Porto aborda a problemática da violencia de xénero, estruturando o deseño en cadros e empregando pinceladas que lembran á técnica cubista, co violeta como cor dominante. A proposta presenta a unha muller coas mans atadas e, no primeiro plano, as ataduras rotas, sendo a intención dos artistas subliñar a necesidade de loitar de maneira constante polos dereitos das mulleres, ao tempo que renden homenaxe a quen así o fai.

Baixo o alias de 'Maz',  Marcos Fernández, natural de Vigo e afincado en Chantada, vai ser o encargado de representar co seu traballo 'Obras azuis' o ODS11: lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sustentables. O debuxo ofrece diversas perspectivas desta ampla temática, empregando unha paleta de cores reducida pero suxestiva e unha simboloxía de rápida identificación. A intención do autor é levarnos a esa cidade ideal a través de tres escenas que representan unha evolución próspera de comunidade, baseada nunha organización popular que promova unha convivencia adaptada a todas as persoas e respectuosa coa contorna.

ODS11: 'Obras azuis', de 'Maz'.Os xurado quixo salientar ademais a complementariedade dos traballos seleccionados, que ofrecen gran variedade de estilos e cores e que están asinados tanto por homes como por mulleres. A través dos catro murais, premiados con 2.000 euros cada un, emprégase a arte urbana para difundir os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados polos Estados membros da ONU a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade da poboación no horizonte de 2030. A fin de fomentar tamén o pensamento crítico e a participación cidadá na construción de cidades inclusivas, 'Muros que unen' encádrase no convenio asinado entre o Fondo Galego e o Concello da Coruña, que destina así 20.000 euros á realización de actividades de sensibilización fronte as desigualdades.