Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 1134.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 229.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 169.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 136.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 24.

[Pechar}


Pontevedra 2019-12-11

Rematan as Vacacións con Traballo para persoal municipal de Redondela e A Coruña

- En Mozambique, Jesús Bravo colaborou coa Fundação Encontro para mellorar a xestión do lixo nas comunidades.
- En Cabo Verde, Lola Pardo asesorou á Cámara Municipal de Santa Cruz na área de desenvolvemento local.

Organizar a separación dos residuos foi unha das tarefas de Jesús Bravo en Cabo Verde.Un técnico medioambiental do Concello de Redondela vén de pasar un mes en Mozambique asesorando aos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en materia de xestión do lixo. A través das Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido aos cadros das administracións locais socias da entidade, Jesús Bravo colaborou coa Fundação Encontro para promover a separación, reutilización e reciclaxe dos residuos nas comunidades.

"Regreso cunha mochila máis baleira de prexuízos e medos, e repleta de grandes vivencias, de moitísimas emocións, desa aprendizaxe que non se atopa nos libros", comentou o voluntario á súa volta. "O obxectivo deste proxecto era compartir coñecementos e experiencias profesionais; logo do vivido e transmitido podo asegurar que esas metas foron acadadas plenamente", engadía ao facer balance da estancia.

O labor de Jesús Bravo centrouse en ofrecer charlas de concienciación sobre o mellor xeito de xestionar o lixo, evitando sobre todo os vertedoiros incontrolados a ceo aberto. Axudou a instalar recipientes para separar os residuos e asesorou sobre o emprego da materia orgánica como compost, chegando a comprobar como a veciñanza poñía en práctica estas suxestións. Tamén realizou varias actividades na Casa do Gaiato, fogar de preto de 200 nenos, supervisando a retirada de plásticos nas zonas de cultivo e organizando "brigadas antilixo" cos cativos. Traballou asemade con activistas da Fundação Encontro, que agora se encargarán de darlle continuidade a este labor tanto a nivel interno como nas aldeas.

Lola Pardo achegouse ao traballo dos diferentes axentes do desenvolvemento local en Cabo Verde.Viaxes previas e posteriores
O programa Vacacións con Traballo tamén enviou este ano a Cabo Verde a Lola Pardo, técnica de desenvolvemento local do Concello da Coruña, que en setembro asesorou á Cámara Municipal de Santa Cruz nesta área. Despois de coñecer os recursos dispoñibles, profundando con cada un dos axentes no seu xeito de traballar e nas súas necesidades, a especialista realizou achegas a diferentes documentos estratéxicos. Por outra parte, Néstor Romero, técnico de deportes do Concello de Lousame, tiña previsto colaborar coa vila mozambicana de Nhamayábue, pero a súa viaxe houbo de pospoñerse debido á inestabilidade na zona norte do país tras a celebración das eleccións xerais.

Un total de 46 técnicas e técnicos de 32 deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participaron desde 2006 no programa Vacacións con Traballo, que permite intercambiar coñecementos nunha contorna novidosa, entrar en contacto con outras culturas e favorecer así a transformación cara sociedades máis xustas e inclusivas. Ademais, durante as estadías supervísanse sobre o terreo os proxectos de cooperación internacional cofinanciados, ao tempo que se poden identificar outros novos.