Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 1134.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 229.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 169.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 136.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 24.

[Pechar}


Poio 2020-01-30

Á procura da vacina da paz

O alumnado de Poio traballo neste curso coa exposición 'Mindjer di Guiné'.

Solta de pombas, lectura de mensaxes, murais, cancións... Incontables actividades sucédense cada 30 de xaneiro nos centros educativos de Galicia e do mundo para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Como é sabido, a data desta celebración coincide coa do asasinato en 1948 do líder pacifista Mahatma Gandhi en Nova Delhi (India).

O Día da Paz foi lanzado no Estado español en 1964 polo inspector de educación mallorquino Llorenç Vidal, quen o describiu coma "unha semente de non violencia e paz depositada na mente e no corazón subconsciente dos educandos e, a través deles, na sociedade". Trátase dunha iniciativa pioneira de Educación para a Paz, en época de ditadura, á que se foron sumando cada vez máis escolas e máis países, ata o punto de que en 1993 foi recoñecido e recomendado pola Unesco.

As administracións públicas temos a responsabilidade de favorecer a convivencia harmónica e a resolución pacífica de conflitos, de aí que moitos concellos esteamos a apoiar ás escolas na conmemoración do Día da Paz. Así o facemos en Poio, socio ademais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, colaborando con centros de educación infantil, primaria e secundaria nun amplo programa de actividades para "inventar a vacina da paz".

Aproveitando que a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 2020 Ano Internacional da Enfermería e a Parteira, e que o CEIP Isadora Riestra é unha Escola Asociada da Unesco que este ano está a traballar sobre Isabel Zendal, decidimos vincular ás accións do 30 de xaneiro á figura desta enfermeira coruñesa que en 1803 formou parte nunha expedición esencial para acabar co azoute da varíola nas colonias españolas de América e das Filipinas. Ela foi a única muller que participou nesta histórica xesta, asistindo aos 21 nenos recollidos en casas de expósitos que portaron a vacina nos seus propios corpos.

A día de hoxe moitas doenzas están erradicadas grazas á prevención, pero na actualidade persisten outro tipo de enfermidades, como as que provoca a carencia dunha vida pacífica. Por iso o alumnado do Concello de Poio ten a misión de atopar a vacina da paz, para o que deberá buscar un nome, especificar os compoñentes, as doses... Todos eses antídotos irán metidos nun cofre que viaxará polo mundo a bordo dun barco pesqueiro para facelos chegar a todos os recunchos. Ademais, a rapazada prepara pancartas, poemas, coreografías, etc. que compartirán nun gran acto con toda a comunidade educativa.

Trátase dun novidoso xeito de traballar arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible impulsados por Nacións Unidas e asumidos tamén como folla de ruta polo Fondo Galego. Concretamente, incídese no número 3, que promove a saúde e o benestar, e no número 16,  que avoga pola paz, a xustiza e as institucións sólidas. Deste xeito, o ODS 16 vai moito máis alá de evitar as guerras, e establece que o acceso á xustiza ha de ser universal e que as institucións deben ser responsables, polo que resulta necesario acabar coa corrupción existente no poder xudicial e a policía de moitos países. Ademais, cómpre pór fin á violencia, o tráfico de armas e a delincuencia organizada. Así mesmo, as nenas e nenos teñen dereito a seren rexistrados ao nacer e débense protexer as liberdades fundamentais de todas as persoas.

Son metas moi ambiciosas, pero todas e todos podemos contribuír á creación dunha sociedade pacífica e inclusiva, na que non teñan cabida as agresións nin a discriminación. O Día Escolar da Non Violencia e a Paz pode ser unha boa data para facer visible esa pequena achega.

Rosa Fernández González
Concelleira de Benestar Social e Mocidade de Poio

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día da Paz

Á procura da vacina da paz