Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2020-03-02

O Fondo Galego convoca as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria nas catro provincias

- Persoal técnico das administracións locais socias participa esta semana en encontros nos concellos de Brión, A Pastoriza, Allariz e Soutomaior.
- A Secretaría da entidade dá conta nestas citas dos proxectos de cooperación internacional e das actividades previstas para o ano en curso.

Representantes de once concellos coruñeses participaron na xuntanza celebrada en Brión.

Os concellos de Brión, A Pastoriza, Allariz e Soutomaior acollen entre o 2 e o 5 de marzo as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria, conformada por persoal das administracións locais e provinciais integradas no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Nestes encontros, a Secretaría Técnica da entidade fai balance dos proxectos de desenvolvemento apoiados en países empobrecidos ao longo de 2019, así como das actividades implementadas polas deputacións e concellos socios para concienciar fronte as desigualdades. Ao tempo, preséntanse as accións para o ano en curso e a estratexia a medio prazo, recollendo as achegas das e dos participantes.

Todas as reunións dan comezo ás 10.30 horas e as técnicas e técnicos delegados do Fondo Galego poden escoller a cal acudir. A sesión ábrese cun informe de situación da entidade, no novo contexto do mandato 2020-2023, para o que se están a elaborar as Liñas Estratéxicas, que o persoal municipal pode enriquecer coas súas propostas. A continuación, repásase o plan de actividades do último exercicio, no que se asesorou aos concellos na implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as accións de educación para a cidadanía chegaron a milleiros de persoas en forma de exposicións, arte urbana, teatro ou música.

En canto aos proxectos de cooperación internacional, déuselle continuidade ás dúas iniciativas impulsadas en Mozambique, unha para previr doenzas e adiccións na mocidade a través do deporte e outra para garantir o abastecemento de auga nun municipio rural. Ademais, o Fondo Galego achegou axuda de emerxencia á vila mozambicana de Nhamatanda, que quedou devastada tras o paso do ciclón Idai.

En 2019 está previsto iniciar novos proxectos no país lusófono e abrir unha convocatoria de subvencións para ONGD. Así mesmo, continuarase coa captación de administracións socias, a concienciación de persoal político e técnico dos municipios e o programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, entre outras actuacións.


CALENDARIO DAS RMS

02/03/2020 Concello de Brión. Centro Social Polivalente (Avda. Santa Minia, 46).
03/03/2020 Concello da Pastoriza. Casa da Música (Avda. Doctor Cabaneiro, s/n).
04/03/2020 Concello de Allariz. Aula de Promoción Económica (R/Portelo, 4 – 2º andar).
05/03/2020 Concello de Soutomaior. Edificio Multiusos de Arcade (R/Peirao, 8).

ORDE DO DÍA DAS RMS

1. Fondo Galego: antecedentes e novo contexto.
2. Reflexións para as Liñas Estratéxicas 2020-2023.
3. Balance do Plan de Actividades 2019 e propostas para 2020.
4. Rogos e preguntas.