Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 1134.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 229.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 169.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 136.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 24.

[Pechar}


Santiago de Compostela 2020-06-30

O Fondo Galego aproba un plan centrado na Axenda 2030 e na cooperación internacional

A asociación de concellos e deputacións presentou esta mañá na súa primeira asemblea virtual un programa adaptado ao contexto da Covid-19

Máis de corenta representantes das entidades socias asistiron á Asemblea online.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aprobou por unanimidade as Liñas Estratéxicas 2020-2023 na Asemblea Xeral celebrada esta mañá, a primeira que se desenvolve de xeito virtual na historia da asociación de concellos e deputacións, a fin de minimizar o risco sanitario derivado da Covid-19. As e os asistentes déronlle tamén luz verde ao Plan de Actividades 2020, que houbo de adaptarse ao novo contexto xerado pola pandemia, tanto para as accións en Galicia como nos países do Sur.

Neste senso, substituíronse todas as actividades que implicaban viaxes internacionais, como o xa clásico programa de voluntariado Vacacións con Traballo ou a celebración do II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía. No entanto, a planificación para o ano en curso intensifica a implementación da Axenda 2030 nas administracións locais, con iniciativas como a elaboración de plans municipais para a localización dos Obxectivos de Densenvolvemento Sostible. Ademais, ofrecerase formación ao respecto na nova web.

Os proxectos de cooperación para o desenvolvemento aprobados encádranse tamén na crise xerada polo coronavirus. Investiranse un total de 98.126 euros en Mozambique e Guinea-Bissau, dos que 27.000 corresponden a achegas extraordinarias dos concellos de Cambre e Narón. Sensibilización da veciñanza, dotación de materiais de prevención, abastecemento de auga e saúde da infancia son algunhas das intervencións que se financiarán.

Situar a cooperación cos países do Sur como eixo central da actividade é precisamente un dos obxectivos establecidos nas Liñas Estratéxicas para o mandato actual, que foron presentadas polo presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González. Traballarase asemade para incrementar a base asociativa e a súa implicación, alén de continuar sensibilizando aos gobernos locais sobre a solidariedade internacional e de reforzar tanto a transparencia como as alianzas estratéxicas.

Na Asemblea Xeral Ordinaria abordouse tamén o novo marco de relacións co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), think tank impulsor do Fondo Galego que desde o mes de abril xa non exerce a Secretaría da organización. Este feito levou a actualizar a Comisión Executiva, coa incorporación do Concello do Irixo. Por outra parte, ratificáronse as altas e baixas de entidades socias, formalizándose a incorporación de Baños de Molgas. Houbo asemade ocasión de presentar a memoria de actividades e o balance económico de 2019. Unha vez rematada a xuntanza inicial, desenvolveuse a continuación a Asemblea Xeral Extraordinaria, coa modificación estatutaria como único punto da orde do día.