Aviso:

[Pechar}


Concellos: | A Coruña | A Estrada | A Guarda | A Laracha | A Pobra de Trives | A Pobra do Caramiñal | A Teixeira | Abegondo | Allariz | Ames | Arteixo | As Pontes | Baiona | Bergondo | Betanzos | Boiro | Brión | Burela | Cabanas | Caldas de Reis | Cambados | Cambre | Cangas | Carballo | Cartelle | Castrelo de Miño | Castroverde | Cedeira | Corcubión | Covelo | Culleredo | Cuntis | Dumbría | Entrimo | Fene | Ferrol | Gondomar | Lalín | Laxe | Lousame | Lugo | Malpica de Bergantiños | Manzaneda | Melide | Moaña | Mondoñedo | Monforte | Monterroso | Moraña | Mos | Mugardos | Narón | Neda | Nigrán | Noia | O Barco | O Irixo | O Porriño | O Valadouro | Oímbra | Oleiros | Ourense | Outes | Poio | Ponteareas | Pontecesures | Pontedeume | Pontevedra | Porto do Son | Ramirás | Redondela | Rianxo | Ribeira | Riotorto | Rodeiro | Sada | Salceda de Caselas | Samos | San Cibrao das Viñas | Sandiás | Santiago de Compostela | Sarria | Soutomaior | Teo | Tomiño | Triacastela | Valga | Verea | Verín | Vigo | Vilagarcía de Arousa | Vilar de Santos | Vilardevós | Viveiro | Xove | Deputacións: | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra

Blogs de Vacacións con Traballo

 

Blogs VCT 2011

Accede ao blog premendo nesta icona

Diego Sánchez, técnico de Turismo no Concello de Castrelo de Miño (Ourense), pasará o mes de novembro cooperando co Instituto de Promoción Humana (INPRHU) na localidade nicaraguana de Totogalpa. Alí traballará no marco dun plan de desenvolvemento turístico que se basea nos recursos naturais e culturais, colaborando en tarefas de formación e promoción, entre outras. O seu blog botou a andar 100 días antes de emprender a viaxe e nel dá conta das distintas fases da experiencia en Vacacións con Traballo.  
http://novembroentotogalpa.blogspot.com/

Accede ao blog premendo nesta icona

María José Pérez González, arquitecta da Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Deputación de Pontevedra, gozará das súas Vacacións con Traballo en Cabo Verde. Ao longo do mes de outubro, colaborará coa Cámara Municipal do Paúl en actividades de renovación urbana, rehabilitación e preservación. Participará asemade en accións de formación para os técnicos locais e aproveitará para supervisar os proxectos apoiados na zona polo Fondo Galego.                                   http://www.vacacionscontraballoencaboverde.blogspot.com/

Accede ao blog premendo nesta icona

Joaquín Lede, coordinador de proxectos europeos na Deputación de Pontevedra, coopera en Cabo Verde coa Cámara Municipal de Porto Novo, no marco do programa ‘Vacacións con Traballo’. Alí participa en tarefas coma a revisión do Plan de Acción Municipal ou a análise de posibles axudas de financiamento, comezando polas da Unión Europea. Ata finais de outubro, relatará no seu blog o día a día do traballo no Concello e as súas impresións sobre a illa de Santo Antão.
http://vacacionscontraballo2011.wordpress.com/

Blogs VCT 2010

Accede ao blog premendo nesta icona Brais García, técnico do Museo Provincial de Lugo, contribuirá en Nicaragua, en Somoto, co Instituto de Promoción Humana (INPRHU) á posta en marcha de iniciativas a prol do desenvolvemento do turismo ecolóxico e a promoción da artesanía local, campos nos que xa ten experiencia. Ademais de coñecer unha realidade diferente, o lucense agarda comprobar cómo, con recursos limitados, os traballadores centroamericanos afrontan o día a día. No seu blog pódedes seguir as súas Vacacións con Traballo”.
http://cronicasdespistadas.blogspot.com
Accede ao blog premendo nesta icona Carolina Iglesias, psicóloga do Centro de Información á Muller no Concello de Nigrán e participante da edición 2010 de Vacacións con Traballo; aterrou en Lima o 9 de setembro, sendo recibida por Rosario Huamán Castillo, Alcaldesa de Atavillos Alto. Carolina, que conta cunha axenda de traballo intensa coa participación en diferentes obradoiros formativos; tanto en escolas como con asociacións de mulleres. No seu blog dá conta, na medida das posibilidades de conexión a internet, da súa vida e traballo no Perú.
http://atavillosalto.wordpress.com
Accede ao blog premendo nesta icona Patricia Varela, directora da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Verín; viaxou finalmente a Cuba o pasado sábado 11 de decembro, como participante do programa ‘Vacacións con Traballo’. Patricia colaborará durante quince días coa Oficina do Conservador de Santiago de Cuba, institución dedicada a preservar o patrimonio histórico-cultural e monumental da cidade. Alí vai apoiar a continuación do proxecto de mellora das condicións de habitabilidade na área de Los Maceos, que afecta a máis de 80 vivendas da zona antiga. Trátase dunha das actuacións derivadas do Plan Mestre para a revitalización da cidade histórica que se aprobou en 2009 e cuxa consecución viña sendo apoiada dende hai varios anos polo Fondo Galego, canda a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela.
http://vacacionscontraballoencuba.blogspot.com