|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
En total, 69 películas e documentais compoñen esta colección a plena disposición dos socios, que poden ser solicitadas directamente ao Fondo Galego no enderezo electrónico acorzo@igadi.org ou chamando ao número 698 156 127.
Como novidade, e para sacar o maior rendemento e visibilidade ás actividades organizadas con estes recursos filmográficos, propoñemos a realización de videoforums, chamados CICLOS DE CINE CON FONDO, que se agrupan en 13 bloques temáticos:
Cada un destes ciclos consta de varias películas relacionadas coa temática proposta e serán recomendadas posibles actividades complementarias. Poderá escollerse o ciclo completo ou só determinadas películas, dependendo das necesidades e características dos socios.
Os socios deberán facer a reserva do ciclo, e deberán encargarse do bo coidado das películas, do gasto de envío das mesmas e de xestionar as actividades complementarias que se propoñan, se ben a Secretaría Técnica do Fondo Galego préstase a servir como orientador e facilitador de recursos.
O ciclo de cine está concivido para desenvolverse ao longo de varias semanas seguidas (dependendo do número de películas que compoñan o ciclo). Recoméndase que se estableza un lugar, unha hora concreta e un día fixo da semana para que ás/ós asistentes lles sexa doado recordar a cita.
Outra variante da organización da actividade sería que o ciclo sexa visualizado nunha mesma semana. Tamén se recomenda fixar un lugar e unha data fixos para a visualización diaria no caso de que este vaia dirixido á cidadanía en xeral.
No caso dos centros de ensino, estes deberán valorar cal é a mellor fórmula para adptarse ao calendario das asignaturas, podendo establecer as variantes que estimen oportunas.
Estas son simples recomendacións que cada concello pode ter en consideración ou non, dependendo do grao de adecuación coa realidade local.
Pasos para realizar a actividade:
ACONSÉLLASE:
Pódese realizar unha actividade de moito maior impacto se á vez que organizamos o ciclo de cine procuramos acompañalo coa colocación no noso Concello ou Deputación dunha das exposicións do Fondo Galego. Outra variante é que a exposición se realice no mes anterior ou posterior ao videoforum.
Outra actividade complementaria pode ser una conferencia sobre a temática en cuestión. En cada un dos Ciclos de Cine faise una proposta sobre cales serían os temas adecuados. Sería interesante buscar a colaboración dunha ONGD experta na materia, para o que recomendamos poñerse en contacto coa Coordinadora Galega de ONGD http://www.galiciasolidaria.org/. Esta actividade debería ser xestionada directamente polo Concello ou Deputación, pero o Fondo Galego está aberto a ofrecer o seu apoio e colaboración na medida do posible.