|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
O INPRHU-Somoto recolleu nun audiovisual os resultados do proxecto apoiado en Nicaragua no último ano, que permitiu dotar once familias indíxenas de cadansúa vivenda.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destinou a esta actuación 6.190 euros aos que se suman os 52.000 euros achegados polo Concello de Vigo.
O vídeo amosa como a intervención mellorou as condicións de vida das persoas beneficiarias, que contribuíron con recursos e man de obra. Falan o responsable dos traballos e representantes da municipalidade de Totogalpa, pero tamén a propia poboación chorotega de San José de Palmira. O proxecto levaba aparellada a capacitación en agroecoloxía e autoconstrución, amais de obradoiros de saúde e hixiene.
No vídeo explícase que a mellora da habitabilidade minguará a incidencia de enfermidades coma o Mal de Chagas. Instaláronse latrinas e cociñas melloradas que permiten reducir os fumes e o consumo de leña, así como sistemas de captación de auga para regar a horta. Incídese asemade no proceso de selección das familias beneficiarias, priorizando aquelas en situación de extrema pobreza e as nais solteiras.