Aviso:

[Pechar}


Baiona 2011-03-03

O Fondo e a Coordinadora de ONGD organizan o Encontro sobre Cooperación Galega

Encontro sobre a Cooperación Internacional en GaliciaO Fondo Galego de Cooperación e a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento organizan os días 11 e 12 marzo o Encontro sobre a Cooperación Internacional en Galicia. A cita será en Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural de Novacaixagalicia, situado na paza de Cervantes. Ademais de delegacións das dúas entidades organizadoras, participarán representantes de todos os axentes do sector en Galicia e algúns do exterior, do ámbito estatal e de Portugal.

As axencias de cooperación autonómica, a normativa de subvencións ou a cooperación cos países lusófonos son algúns dos temas que se abordarán. Debaterase asemade sobre o futuro do sector nun momento delicado por causa da crise, o papel das universidades, a compra pública responsable e o compromiso dos partidos políticos. Haberá tamén un obradoiro de experiencias no que participantes do programa Vacacións con Traballo exporán as súas vivencias.

O encontro enmárcase no obxectivo conxunto do Fondo e da Coordinadora de ONGD de contribuír ao fortalecemento da cooperación internacional a través de actividades fundamentadas no debate e a reflexión.

Preme aquí para descargar o programa do Encontro.

AnexoTamaño
Encontro sobre a Cooperación Internacional en Galicia (Tríptico PDF)1.28 MB