Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2011-01-06

O Fondo Galego de Cooperación dota de auga corrente ás 50 familias da vila caboverdiana de Baleia

- A asociación de Concellos e Deputacións destinou 12.840 euros á mellora do abastecemento, que terá efectos positivos na saúde e a economía da poboación

- O proxecto contempla dende a formación en horticultura e microirrigación ata cursos de encaixes e bordados, ademais de favorecer a igualdade de xénero

A poboación local implicouse nas obras de canalización para dotar de auga corrente os domicilios de Baleia.As 50 familias da localidade de Baleia, no municipio caboverdiano de Brava, dispoñen xa de auga corrente grazas ao proxecto cofinanciado en 2010 polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A iniciativa repercutirá na mellora da calidade de vida da poboación e axudaralle a saír da precariedade mediante actividades agropecuarias, que son tradicionais na zona pero que se vían afectadas pola carestía da auga.

O Fondo Galego investiu 12.840 euros na extensión da rede de abastecemento e a súa conexión aos domicilios. A Cámara Municipal de Brava actuou como parceira local e a propia comunidade achegou a man de obra necesaria para as obras de canalización. Os 230 habitantes de Baleia beneficiaranse desta actuación, especialmente as mulleres e nenas, que adoitaban ser as encargadas de transportar a auga dende a fonte onde se vendía. As donas poderán dedicar agora ese tempo a outras cuestións que redundarán no seu empoderamento: tarefas produtivas, actividades educativas e de lecer, político-culturais, de descanso, etc. O obxectivo é avanzar na participación social e familiar das donas, na real consecución dos seus dereitos e na desestruturación dos roles de xénero.

A través deste proxecto, capacitouse a homes e mulleres cabezas de familia en técnicas de horticultura e microirrigación, formouse ás donas en confección de encaixes e bordados e leváronse a cabo campañas de concienciación sobre o coidado ambiental e o uso responsable da auga. Sensibilizouse asemade á poboación sobre prácticas hixiénico-sanitarias, co obxectivo de reducir nun 20% a incidencia de enfermidades diarreicas. Tamén se traballou a igualdade de xénero cos homes da vila, a fin de que respecten os dereitos das mulleres e compartan as actividades do fogar.

O proxecto promovido polo Fondo Galego de Cooperación enmárcase no 7º dos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que sitúa o acceso á auga entres as principais preocupacións das Nacións Unidas. Esta cuestión cobra unha especial relevancia en Cabo Verde, un país gravemente afectado pola seca e no que o 90% dos alimentos son importados.