Aviso:

[Pechar}


Manzaneda 2010-12-20

Os nenos e nenas de Manzaneda elaboran un Belén solidario co pobo saharauí

Os cativos e cativas de Manzaneda crearon un Belén ambientado nunha aldea saharauí con materiais de refugallo.

O Concello de Manzaneda, socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, organizou o pasado sábado 18 de decembro un Obradoiro de Nadal do máis solidario. Os nenos e nenas do municipio elaboraron un Belén artesanal tendo en conta a represión que está a vivir El Aaiún por parte do goberno marroquí, ante a pasividade da comunidade internacional. O alcalde de Manzaneda, David Rodríguez Estévez, explicou que “as rapazas e rapaces da vila quixeron non esquecer nestas datas a triste situación de tantos nenos e nenas saharauís”.

Máis de vinte cativos e cativas asistiron ao obradoiro, acompañados das súas nais e pais. O Belén, ambientado nunha aldea saharauí, elaborouse empregando maioritariamente materiais de refugallo. A actividade, que se realizou na biblioteca municipal, enmárcase na programación deseñada pola administración local para estas datas, segundo indicaron dende o Concello de Manzaneda.