Aviso:

[Pechar}



Palabras con Fondo (D): Ciclos da historia

De anoitecida, cando regresaban ó campamento, o comandante detíñase sempre a
mirar unha revolta do camiño na que a dureza do altiplano permitía un verdor
cinguido sen verdes castros. Miraba como querendo gardar cada un dos matices
daquela insurxencia que semellaba literaria. A columna detíñase con el e, por
días, voltabámonos para escoitar como afirmaba: a paisaxe tamén fai a súas
revolucións.


Camilo Franco

 

Palabras con Fondo (D): Ciclos da historia