Aviso:

[Pechar}



Palabras con Fondo (F): Fogo

Ás Sicorax confinadas nas illas dos desherdados.
A J.A.V.

     
   

This island's mine, by Sycorax my mother,
Which thou tak'st from me. When thou cam'st first,
Thou strok'st me, and made much of me; wouldst give me
Water with berries in't, and teach me how
To name the bigger light, and how the less,
That burn by day and night. And then I loved thee,
And showed thee all the qualities o'th'isle,
The fresh springs, brine-pits, barren place and fertile.
Cursed be I that did so! All the charms
Of Sycorax, toads, beetles, bats light on you!
For I am all the subjects that you have,
Which first was mine own king; and here you sty me
In this hard rock, whiles you do keep from me
The rest o'th'island.

William Shakespeare, The Tempest. 

     
   

Come le premier pas vers le bien est de ne point faire de mal, le premier pas vers le bonheur est de ne point souffrir.

Jean-Jacques Rousseau, Julie ou la Nouvelle Héloïse.

     
   

Decir la verdad es imposible; o es nefanda o es inefable.

María Zambrano, palabras atribuídas.


Fogo. Toma. Leva o lume e propágao. Acende o incendio inestinguible. A luz e a calor que non cesan. O lume dos ollos. A claridade que coñece o que se quere que se crea. O porqué.

Fala. Di o que sabes e desfai o falaz. Fai posible a verdade. Destrúe o tabú que fai o fasto nefasto, nefando e inefable. E aínda que todo todo todo non sexa aínda posible. Vén e vamos para a vida boa.

Fame. Colle a comida e come. O libro. O corpo que dá de comer. E come. Coñece o que comes. Recoñece o líquido alimento. O sólido necesario. O aire para respirar. Percorre todo o territorio. Recolecta e recolle o que dá. Todo o mundo é capital para todo o capital humano.

Fai fogo.

 

Carmen Blanco

 

Palabras con Fondo (F): Fogo