Aviso:

[Pechar}



Perú

Total proxectos apoiados 22
Ano de inicio da cooperación 1998
Orzamento total dos proxectos executados 1.002.201,05€
Achega desde o Fondo Galego 571.018,18€

En Perú desenvolvéronse un total de 24 proxectos financiados polo Fondo Galego, dos cales 17 se corresponden con cooperación indirecta e 7 con cooperación directa. A cooperación con este país iniciouse no ano 1998, dende o momento mesmo de fundación do Fondo Galego. A introdución do Perú como un país prioritario para a cooperación do Fondo baséase sobre todo nas inquedanzas das ONGD galegas, e por ende da poboación galega, de cooperar con este país latinoamericano co que tamén se teñen estreitos lazos históricos e culturais. A pobreza no Perú afecta a máis da metade da poboación, sendo as rexións andinas as que lideran o ranking das persoas máis pobres a nivel estatal.

Son dous os parceiros cos que traballou o Fondo Galego no país de maneira directa: CEPRODE  e Tierra de Niños. Con CEPRODE iniciouse o traballo no ano 2004, co proxecto “Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 1ª fase”. No exercicio seguinte sería financiado tamén o segundo ano do proxecto tras os éxitos acadados.  Posteriormente retómase o traballo con esta ONGD peruana co proxecto “Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos”. Estes tres proxectos baseáronse na atención aos municipios andinos da provincia de Huaral, co fin de que desenvolvesen as súas capacidades de xestión do desenvolvemento sostible nas áreas económica, social e ambiental, a favor das comunidades campesiñas andinas.

Con Tierra de Niños apoiáronse un total de catro proxectos vinculados á área da protección da infancia. Cabe destacar o proxecto de post-emerxencia, “Axuda á reconstrución nas áreas devastadas polo terremoto de agosto 2007”, que permitiu rehabilitar un centro educativo. Así mesmo, os proxectos desenvolvidos nos anos  2006 e 2007 de turismo solidario, serviron para artellar os procesos educativos locais para o fortalecemento da identidade cultural das nenas e nenos e da mocidade, para valorar a historia e orixe das comunidades integrantes do circuíto turístico, e para afortalar as organizacións locais, agrupacións xuvenís e artesáns nos mecanismos de emprego e xestión turística.

LISTADO DE PROXECTOS APOIADOS NO PERÚ
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
1998 Instalación de auga potable Amigos Escaes-Perú 7.392,44€ 4.508€
Módulos básicos para servizos hixiénicos e lavandería INTI 6.394,76€ 5.024,46€
1999 Instalación de emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas Paz e Solidariedade 8.835,93€ 8.835,93€
2000 Instalación dun módulo de ovinos raza Corriedale, en Ambulco Grande. Amigos Escaes-Perú 10.637,64€ 10.637,64€
2001 Instalación dun módulo ovino da raza Corriedale Amigos Escaes-Perú 39.695,86€ 28.567,83€
2002 Asistencia médica e cirúrxica gratuíta. Solidariedade Galega. 38.128,21€ 6.010,12€
2003 Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba Asociación Labañou Solidaria 18.960€ 6.000€
Apoio produtivo á muller rural e ó desenvolvemento local no distrito de Junín. Asociación Entrepobos 102.209,00€ 24.071,74€
2004 Instalación de latrinas na comunidade campesiña de José Olaya. INTI 4.574,70€ 3.574,70€
Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 1ª Fase. CEPRODE 125.787€ 99.893€
2005 Mellora da Atención no Departamento de Pediatría e Emerxencias Pediátricas, Hospital Nacional 2 de Maio. Oficina Executiva de Planificación Estratéxica do Hospital Nacional 2 de Maio 40.448,50€ 40.448,50€
Bicicletas para promotoras/es comunitarias/es de Cajamarca. Bicis pola Paz 4.600€ 2.300€
Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 2 ª Fase. CEPRODE 244.202€ 107.554€
2006 Turismo solidario, un xeito innovador e creativo de promover o emprego xuvenil e a identidade local. Tierra de Niños 41.687,85€ 31.688€
Construción de servizos hixiénicos para nenos e nenas con necesidades educativas especiais. INTI 3.000€ 2.380€
2007 Cría de animais menores. Fogar de Santa María de Huancarama. INTI 3.092,73€ 3.000€
Bicicletas para fortalecer o desenvolvemento rural das provincias de San Marcos e Cajabampa. Bicis pola Paz 4.750€ 2.300€
Proxecto de Turismo Solidario Killa Wasi, 2ª Fase. Tierra de Niños 48.096,17€ 24.048€
2008 Axuda á reconstrución nas áreas devastadas polo terremoto de agosto 2007. Tierra de Niños 23.316,36€ 23.316,36€
2009 Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos. CEPRODE 119.905,68€ 54.006,68€
Construción de módulo educativo integral: aula para nen@s de 4 anos, servizos hixiénicos incorporados, patio central e muro de contención na I.E.I. Nº6080 – Rosa de América Tierra de Niños 53.028,16€ 45.811,28€
2010 Desenvolvemento de capacidades locais con equidade de xénero e mellora das condicións de vida en 9 comunidades rurais da provincia fronteiriza de Ayabaca. Piura. Amigos ESCAES- Perú 53.458,00€ 35.000€
 
Perú