Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Santiago de Compostela 2011-03-25

Publícase a primeira avaliación conxunta sobre a cooperación municipal directa e os irmandamentos

- A Confederación de Fondos e a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional editan este informe de ámbito estatal

- O Fondo Galego contribuíu á elaboración do documento co estudo ‘Os irmandamentos en Galicia’ de Daniel González Palau

Portadas da publicación de ámbito estatal e do estudo en Galicia sobre irmandamentos.A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, xunto coa Secretaría de Estado de Cooperación Internacional, veñen de publicar o ‘Informe de Avaliación sobre Cooperación Municipal Directa a través do Instrumento do Irmandamento’, un traballo realizado durante os últimos dous anos e que conta con municipios representativos de todo o Estado.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade contribuíu á elaboración deste documento co estudo ‘Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local’, onde Daniel González Palau analiza de xeito pormenorizado o percorrido e significado destas fórmulas de colaboración entre Concellos galegos e non galegos. O resultado deste traballo foi publicado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) na colección Texturas Internacionais.

Coa presentación do novo ‘Informe de Avaliación’, a Confederación de Fondos pretende impulsar a inscrición das políticas locais de cooperación dentro da execución de procesos de planificación estratéxica de longo alcance. Trátase de políticas promovidas directamente desde o goberno municipal como parte da súa estratexia de desenvolvemento local, ou levadas a cabo no marco multilateral.

O documento repasa os principios que deron paso á cadea de irmandamentos, desde os primeiros Concellos democráticos na década dos anos 70, e analiza a súa evolución e situación actual. Sinala, ademais, o compromiso do mundo local coa cooperación ao desenvolvemento e o esforzo por superar o eterno binomio doador-receptor. O estudo supuxo unha análise exhaustiva de trece Concellos do Estado, oito deles pertencentes ao ámbito de actuación dos fondos de cooperación internacional.

A Confederación de Fondos

A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade é un marco de coordinación e de representación conxunta dos distintos fondos de cooperación existentes no Estado español. Na actualidade, está integrada polo Fons Català de Cooperació al Desenvolupament, Euskal Fondoa-Asociación de Entidades Locales Vascas Cooperantes, Fons Valencià per la Solidaritat, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional (FAMSI), Fondo Extremeño Local de Cooperación al Desarrollo (FELCODE) e o Fondo Canario de Solidaridad Internacional y Cooperación al Desarrollo. Ademais do Fondo Castellano-Manchego de Cooperación e o Fondo Cantabria Coopera, como entidades colaboradoras.