Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2017-11-27

O fotoxornalista Adrián Irago retrata Mozambique tras gañar o certame 'Imaxes con Fondo III'

- O premio da terceira edición do concurso organizado polo Fondo Galego de Cooperación consistía nunha viaxe para elaborar unha mostra fotográfica.
- O autor vigués atópase no país da África lusófona para captar coa súa cámara tanto os proxectos alí apoiados como instantáneas da vida cotiá.

Pontevedra 2017-10-04

Técnicas municipais de Cabo Verde e Mozambique fórmanse en oito concellos e unha deputación

- Unha directora de gabinete e unha topógrafa intercambian experiencias con persoal das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación en outubro.
- Percorrerán Burela, O Barco, A Guarda, Moaña, Narón, San Sadurniño, Tomiño, Valga e a Deputación de Pontevedra nunhas Vacacións con Traballo en Galicia.

Pontevedra 2017-09-25

Persoal municipal de Cabana e Rianxo coopera en Mozambique a través das Vacacións con Traballo

- Esta semana remata o voluntariado das dúas técnicas que apoiaron aos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no país africano.
- Achegan asesoramento en materia de igualdade de xénero e traballo social, ao tempo que contribúen a sensibilizar fronte as desigualdades Norte-Sur.

Pontevedra 2017-07-31

O Fondo Galego aposta polo deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana

- A asociación de concellos e deputacións apoia á Fudação Encontro para reducir o risco de embarazos precoces, sida ou consumo de alcol e drogas.
- O proxecto formará activistas para sensibilizar nas comunidades e crearanse equipos de fútbol e atletismo nos que se fomentará a participación das mozas.

Distribuir contido