Aviso:

[Pechar}


Baiona 2015-04-27

O secretario do Fondo Galego afonda na cooperación internacional municipal na charla #Alén2015 de abril

- Daniel G. Palau estará nas redes sociais da entidade para falar da cooperación descentralizada en Galicia e do balance da lexislatura 2011-2015 na asociación.
- A conversa levarase a cabo o xoves 30 de abril a través do Facebook e Twitter do propio Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre as 16.30 e as 18 horas.

Baiona 2015-01-12

Perspectivas arredor da nova axenda internacional do desenvolvemento

Un vídeo recolle as opinións das expertas e expertos que participaron nas Xornadas 'Os Obxectivos do Milenio, fin e principios' sobre o proceso post 2015.

Perspectivas arredor da nova axenda internacional do desenvolvemento

Encontros dixitais #Alén2015

>

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza ao longo de 2014 e 2015 unha ducia de encontros dixitais con expertas e expertos nas distintas temáticas dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). Os debates online prográmanse unha vez ao mes nas redes sociais baixo o epígrafe #Alén2015, co obxectivo de reflexionar sobre a futura axenda da axuda internacional. Aquí recompilamos as conversas completas dos ciberencontros:

Distribuir contido