Aviso:

[Pechar}


Baiona 2015-03-22

Enxeñería sen Fronteiras e o Fondo Galego impulsan o acceso á auga potable en Honduras

- O proxecto de cooperación internacional contempla formacións e estudos en sete municipios para promover unha xestión integrada do recurso hídrico.
- A iniciativa preséntase o luns nas xornadas organizadas pola ONGD na Universiadade da Coruña con motivo do Día Mundial da Auga.

Baiona 2015-03-06

O Fondo Galego supervisa sobre o terreo os proxectos en Mozambique

Unha representante da Secretaría Técnica visita esta semana as actuacións financiadas e participa nun seminario con autoridades locais brasileiras e mozambicanas.

Santiago de Compostela 2014-10-22

Deputacións e concellos apoian a reconstrución de Gaza e Filipinas a través do Fondo Galego

- A Asemblea xeral celebrada hoxe en Compostela aprobou destinar 20.000 euros a Palestina e 10.000 euros á poboación afectada polo tifón Haiyan.
- As administracións socias do Fondo Galego de Cooperación resolveron a Convocatoria de proxectos para ONGD con presenza real en Galicia.

Baiona 2014-10-21

A Asemblea resolve este mércores a convocatoria de proxectos

Tras o encontro de representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego en Santiago de Compostela presentaranse en rolda de prensa as doazóns para Gaza e Filipinas.

A Asemblea resolve este mércores a convocatoria de proxectos
Distribuir contido