Aviso:

[Pechar}


Baiona 2014-05-02

Ábrese o prazo para presentar proxectos de cooperación á convocatoria do Fondo Galego

A axencia municipalista destina 100.000 euros ás iniciativas dos axentes galegos de cooperación no Sur.

Baiona 2014-03-23

ACPP e o Fondo Galego fomentan a prevención fronte aos desastres naturais na Habana

- No Día da Meteoroloxía faise público o proxecto que permitirá crear un centro de interpretación desta ciencia en colaboración coa Oficina do Conservador.
- A actuación implica contribuír a rehabilitar o antigo convento de Belén, un Ben de Interese Cultural, na cidade cubana declarada Patrimonio da Humanidade.

Baiona 2014-02-13

Agareso e o Fondo Galego potencian o papel da radio na preveción de riscos en El Salvador

- O proxecto que se está a executar coa ONG Cordes na rexión do Bajo Lempa pon de relevo a contribución deste medio ao desenvolvemento dos pobos.

- No Día Mundial da Radio faise pública esta iniciativa que contempla asemade materiais e capacitacións para diminuír o impacto das catástrofes naturais.

Baiona 2014-01-23

Conclúen os proxectos cofinanciados a ONGD galegas en Nicaragua, Honduras e India

Os proxectos de desenvolvemento cofinanciados a ONGD galegas na convocatoria de 2012 pecháronse a finais do pasado ano cos obxectivos cumpridos. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade contribuíu con 85.588 euros ás iniciativas implementadas en Nicaragua, Honduras e India, que se completaron con actividades de sensibilización en Galicia.

Distribuir contido