Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-12-23

O Fondo Galego pechou o 2013 asinando os convenios con Ecos do Sur, Agareso e ACPP

Póñense en marcha os proxectos de cooperación en Mozambique, El Salvador e Nicaragua.

Na Asemblea celebada en novembro aprobouse o financiamento de tres proxectos a ONGD galegas e presentouse o Plan de Comunicación.

>
Imaxe: 
Na Asemblea celebada en novembro aprobouse o cofinanciamento de tres proxectos.

Ano 2013-Resolución

>

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE PROXECTOS 2013
APROBADA POLA ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS A 14 DE NOVEMBRO DE 2013

A Comisión Executiva do Fondo Galego aprobou o 5 de xuño deste 2013 a apertura do proceso de convocatoria aberta aos axentes de cooperación para o financiamento de proxectos de cooperación internacional convocando ao Consello Municipalista da Cooperación (CMC).

Escoitado o Consello Municipalista de Cooperación, reunido o día 4 de xullo, a Comisión Executiva aprobou as Bases que rexen a convocatoria de proxectos 2013. De conformidade con elas, entre o martes 9 de xullo e o sábado 31 de agosto mantívose aberto ao público o prazo para a presentación das diferentes propostas.

Ano 2013-Resolución
Santiago de Compostela 2013-11-14

O Fondo Galego cofinancia tres proxectos de ONGD en Mozambique, El Salvador e Cuba

A Asemblea xeral celebrada hoxe en Compostela resolveu destinar 76.800 € ás propostas de Ecos do Sur, Agareso e Asemblea de Cooperación pola Paz.

Distribuir contido