Aviso:

[Pechar}


Santiago de Compostela 2017-12-12

O Fondo Galego cofinancia tres proxectos de ONGD en Guinea-Bissau e Centroamérica

- InteRed, ACPP e Enxeñería sen Fronteiras recibirán un total de 136.603 euros para desenvolver accións a prol da saúde sexual e do acceso á auga.
- Unha responsable de Acnur detallou na Asemblea celebrada hoxe o resultado da axuda de emerxencia destinada ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns.

Pontevedra 2017-12-07

A Asemblea Xeral resolve a convocatoria para ONGD

A responsable de Proxectos de Acnur presentará os resultados da axuda de emerxencia destinada a combater a vaga de frío que afectou ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns. Representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego participarán na xuntanza, convocada para o 12 de decembro, ás 10.30 horas, en Santiago de Compostela.

A Asemblea Xeral resolve a convocatoria para ONGD
Santiago de Compostela 2017-11-09

Representantes municipais celebran o vixésimo aniversario do Fondo Galego de Cooperación

Discursos e actuacións combináronse nun gran acto polos 20 anos da entidade, que desde onte ocupa a Presidencia da Confederación de Fondos a nivel estatal.

Pontevedra 2017-10-20

O Fondo Galego participa no Foro Mundial do Desenvolvemento Local en Cabo Verde

- A vicepresidenta do Fondo Galego de Cooperación e concelleira en Redondela, Teresa París, atópase en Praia canda 2.000 delegados dos cinco continentes.
- A asociación de concellos e deputacións únese ao debate internacional para promover un progreso económico e social que beneficie a todas as persoas.

Distribuir contido