Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2017-04-03

O persoal das deputacións e concellos socios xa pode presentarse ás Vacacións con Traballo

O programa de voluntariado internacional enviará especialistas en igualdade e traballo social a colaborar durante un mes cos parceiros do Fondo Galego en Mozambique.

Pontevedra 2017-03-24

O Fondo Galego, referente en cooperación técnica e sensibilización en Barcelona e Bruxelas

- A capital europea acolle a xuntanza de avaliación do proxecto con Portugal, Alemaña e Holanda para impulsar a educación para o desenvolvemento.
- O programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo esperta grande interese en Cataluña coa participación dunha bibliotecaria redondelá.

Pontevedra 2017-03-17

Os concellos e deputacións xa poden solicitar actividades para sensibilizar fronte as desigualdades

As entidades socias do Fondo Galego teñen ata o 16 de abril para requirir espectáculos teatrais ou exposicións con concertos e documentais complementarios.

Pontevedra 2016-12-12

Unha enfermeira galega residente en Mozambique explica o proxecto co Fondo nos concellos socios

- María José Castro achega a Bergondo, Lugo, Sarria, Ourense, O Barco, Pontevedra, Silleda, A Coruña e Oleiros as accións impulsadas a prol da saúde materno-infantil.
- En catro cidades celebrarase ademais a xuntanza da Rede Municipalista Solidaria, con persoal das administracións locais asociadas ao Fondo Galego de Cooperación.

Distribuir contido