Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2016-11-07

O Fondo Galego únese á Alianza Europea de Redes Locais de Cooperación Internacional

- Nove entidades de distintas autonomías, de Italia, Holanda e dos países lusófonos constituíron en Lisboa esta rede a prol dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presentou as súas boas prácticas en comunicación no Seminario Internacional 'Autoridades locais rumbo a 2030'.

Pontevedra 2016-08-31

Persoal de tres concellos cooperará en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo

- Técnicas e técnicos municipais de Ames, Bergondo e Ourense colaborarán con administracións locais e ONGD parceiras do Fondo Galego de Cooperación.
- O voluntariado achegará o seu asesoramento e materia de turismo, xénero ou traballo social, ao tempo que contribuirá a sensibilizar fronte as desigualdades.

Silleda 2016-08-21

Silleda incorpórase ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

- O Concello contribuirá ao impulso de proxectos de desenvolvemento en países do Sur e á concienciación da súa veciñanza fronte as desigualdades.
- O alcalde da vila, Manuel Cuiña, lembra “a aposta pola igualdade e a solidariedade que está a facer o goberno municipal”.

Pontevedra 2016-06-06

Seminario en Mozambique para alcaldesas concelleiras galegas

Ata o 10 de xuño permanece aberto o prazo para que catro políticas locais manifesten o seu interese en intercambiar experiencias coas súas homólogas africanas en materia de igualdade.

Seminario en Mozambique para alcaldesas concelleiras galegas
Distribuir contido