Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-05-15

Vacacións con Traballo oferta senllas prazas para cooperar en Cabo Verde e Nicaragua

A oitava edición do programa de voluntariado no Sur dirixido ao persoal das administracións socias do Fondo Galego busca especialistas en turismo e igualdade. Xa está dispoñible o caderno que recolle as experiencias de 2012.

Blogs de Vacacións con Traballo 2010-2012

>

Blogs VCT 2012

Poio 2011-06-23

Persoal de Concellos e Deputacións prepárase para exercer o voluntariado en países do Sur

- Desenvólvese en Poio unha xornada preparatoria para os participantes no programa ‘Vacacións con Traballo’ do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

- Técnicas e técnicos da Deputación de Pontevedra e dos Concellos de Castrelo de Miño e Ourense colaborarán en Cabo Verde e Nicaragua cos parceiros da entidade

Illa de San Simón 2011-05-24

Catro técnicas e técnicos municipais e provinciais pasarán unhas ‘Vacacións con Traballo’ en países do Sur

- As persoas seleccionadas colaborarán durante un mes en Nicaragua e Cabo Verde cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

- As técnicas e técnicos pertencen á Deputación de Pontevedra e aos Concellos de Castrelo de Miño e Ourense

Distribuir contido