|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
Son unhas das pirámides máis grandes do planeta, millóns de toneladas de pedra e terra que se alzan dominantes entre a paisaxe, amosando toda a súa riqueza e poder. Actualmente seguen sendo o punto central do que no seu día foi a maxestosa cidade de Teotihuacán, a primeira gran metrópole do Novo Mundo. As pirámides foron construídas hai uns 2000 anos en México por unha civilización que esvaeceu entre o mito e a lenda. E a súa finalidade é aínda un misterio. Eran templos dedicados aos deuses, altares onde se levaban a cabo sanguentos sacrificios ou quizais as dúas cousas á vez? National Geographic conseguiu toda a información sobre os achados máis recentes, como a análise de ADN e os exames forenses máis modernos das vítimas asasinadas. Con iso, ábrenos os ollos aos misterios que rodean o auxe e a caída dunha das civilizacións antigas máis poderosas e menos comprendidas do mundo.