Aviso:

[Pechar}



O xardineiro fiel

Capturas: 
O xardineiro fiel

Kenia. O diplomático Justin Quayle recibe a terrible noticia do asasinato da súa muller Tessa, unha apaixonada activista dedicada a loitar por mellorar as condicións precarias de aqueles que a rodeaban. As pistas da investigación policial parecen indicar que o móbil da súa morte foi pasional, querendo así dar a entender unha posible infidelidade pola súa parte. Con todo, a Justin as pezas non terminan de encaixarlle. Por iso decide indagar pola súa conta. Será entonces cando descubra dúas cousas: a primeira, que a súa muller destapara unha operación clandestina na que laboratorios farmacéuticos utilizaban como cobaias a poboación africana e, a segunda, que, en realidade, non coñecía á súa esposa verdadeiramente. Deste xeito, internarase nun dobre camiño, de natureza tanto externa como interna, de desenmascarar a identidade de aqueles que mataron a Tessa e redescubrir o seu amor por ela.

Título orixinal: 
The Constant Gardener
Dirección: 
Fernando Meirelles
Ano: 
2005
Duración (mins.): 
123
V.O.: 
English
V.O.: 
German
V.O.: 
Italian
V.O.: 
Swahili
Dobraxe: 
Spanish
Subtítulos: 
English
Subtítulos: 
Spanish
Contidos extra: 
Escenas inéditas Escena engadida: Hamura: Juego en Kibera Comprender África John Le Carré: Do libro á pantalla Anatomía dun thriller global: O xardineiro fiel entre bastidores
O xardineiro fiel